Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

O xurado repartirá un total de 2.000 euros en premios, e reservarase o dereito a deixar desertos aqueles premios que considere oportunos por non reuniren as condicións mínimas de calidade na súa confección e a súa decisión será inapelable. Os premios son os que seguen:

Para a modalidade de Entidades: 1º premio: 400 €, 2º premio: 300 €.

Para a modalidade de Familiares: 1º premio: 300 €, 2º premio: 200 €.

Para a modalidade de Escolares: 1º premio: 300 €, 2º premio: 200 €.

Premio á orixinalidade: premio especial de 300 € á creatividade e singularidade nos materiais e no deseño xeral da montaxe do Belén, de entre todos os Beléns presentados a concurso en todas as categorías, podendo acumularse a calquera outro premio.

Inscrición

Todos os interesados en participar no concurso deberán formalizar as súas inscricións até o 15 de decembro, no Rexistro Xeral do Concello de Ourense.

As bases establecen que quedarán fóra desta convocatoria os beléns viventes e aqueles que teñan as figuras a unha escala superior a 1:1/4; así mesmo, quedarán excluídos do concurso aqueles beléns que non estean finalizados na súa totalidade na visita do xurado.

Os beléns deberán estar á vista e/ou abertos ao público en escaparates, vitrinas, mostradores, recunchos, etc. En lugares de máis difícil acceso como en centros de ensino, residencias ou casas particulares, a apertura ao público será como mínimo de dúas horas ao día, dentro do horario comercial, e terán que estar ben sinalizados cun cartel no exterior do edificio.

Toda a info, en Ourensecultura.com