Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

O festival abrirase coa gran diva internacional da ópera Cristina Gallardo Domas o vindeiro 24 de novembro, que estará acompañada ao piano por Juan Durán, un dos mellores compositores galegos da actualidade, e xuntos amosarán “Puentes de Amor”, os temas que compoñen o disco que grabaron o mes pasado na nosa cidade

O 1 de decembro, a mezzosoprano Sandra Ferrández e o barítono Javier Fernández darán un concerto con Rubén Fernández Aguirre ao piano. Unha semana despois, o 8 de decembro, o concerto de clausura correrá a cargo da soprano vallisoletana María Rodríguez e da pianista Margarita Viso Soto

Todos os concertos serán ás 20:30 horas no Teatro Principal e o custe das entradas oscilará entre os 5 e os 8 euros

O Ciclo de Lírica, posto en marcha polo Concello de Ourense, alcanza este ano a súa segunda edición. Realízase coa inestimable colaboración da Deputación Provincial de Ourense e ABanca.