Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

A tradicional festa de fin do outono, o Samaín, celébrase en Ourense o martes 31 de outubro cun programa repleto de actividades para todos os públicos, pero especialmente dirixidas á cativada. “Pechamos un mes de outubro repleto de actividades culturais, pero desta vez levamos a cultura á rúa”, afirmaba Belén Iglesias, concelleira de Cultura. 800 cabazas (un cento máis que en 2016), obradoiros e un desfile polas rúas do Casco Vello da cidade son os ingredientes desta festa que os escolares xa traballan durante toda a semana nas aulas.

 As actividades comezarán ás 17:00 horas co taller de baleirado de cabazas, e continuarán por diferentes emprazamentos da zona antiga (con actividades creativas coma maquillaxe e caracterización, chapas e, como novidade, un obradoiro de rítmica, percusión e beatbox) ata que dea comezo o desfile, con remate na Praza Maior.

A previsión de participación é moi alta, en palabras da técnica de Cultura, María Díaz: “Para iso montaremos un escenario de grande formato na Praza Maior no que actuará o grupo portugués Crassh Stage!!!, que traballa con instrumentos realizados con material recliclado”.

O programa completo para pasalo de medo no día Samaín é o seguinte:

  • 17.00 h Taller de Baleirado de cabazas. Lugar: Praza Saco e Arce
  • 17.30 h Obradoiro de rítmica, percusión e beatbox. Lugar: Praza da Imprenta
  • 17.30 h Taller de maquillaxe. Lugar: Praza Manuel Sueiro
  • 17.30 h Taller de caracterización con feridas espeluznantes. Lugar: Praza Manuel Sueiro
  • 17.30 h Taller de creación de chapas. Lugar: Praza Manuel Sueiro
  • 19.00 h Desfile de Cabazas. Percorrido: praza da Imprenta, rúa Colón, rúa Padilla, praza San Marcial, rúa Primavera, Hernán Cortés, praza do Trigo, praza Das Damas e Praza Maior.
  • 19.30 h: Ao rematar baile e festa na Praza Maior con Crassh Stage!!!