Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense
A Praza Maior de Ourense viaxará no tempo para homenaxear á mellor música dos anos 80 e 90, o luns, día 26 de xuño, ás 22:30 horas. Será coa actuación de La edad de oro del pop español, a superbanda formada por Alberto Comesaña (ex líder de Semen Up e Amistades Peligrosas), Joaquín Padilla (cantante de Iguana Tango), Pablo Perea (La Trampa) e a cantante e actriz Chus Herránz, acompañados por unha excelente banda de 4 músicos do máximo nivel.

Traerán ás Festas de Ourense un espectacular directo de cerca de 3 horas de duración, no que realizan un extenso repaso aos temas máis populares e representativos da música pop dos anos 80 e principios dos 90 no noso país.

Desde o ano 2014, levan máis de 140 concertos realizados, e inician a cuarta temporada na estrada tras percorrer o ano pasado cidades como Xixón, Palencia, A Coruña, Pamplona, Madrid, Santander, Toledo, Cáceres.

“Sabor de amor” (Danza Invisible), “La chica de ayer” (Nacha Pop), “El límite” (La Frontera), “Hijo de la luna” (Mecano), “Déjame” (Mecano), son algunhas das cancións que compoñen o seu directo, que este ano incorpora novos temas ao repertorio e algunhas sorpresas.

A estas alturas teñen pechadas cerca de 30 datas e esperan chegar ás 40, que veñen realizando habitualmente nestes anos.

Cuarta confirmación das Festas de Ourense 2017

Esta é a cuarta confirmación do programa de concertos das Festas de Ourense 2017, que está a elaborar a Concellería de Cultura do Concello de Ourense.

Arrancarán coa actuación de Iván Ferreiro (24 de xuño, 22:30 horas, trala lectura do pregón na Praza Maior) dentro da xira que o artista vigués realiza para presentar as cancións do seu novo álbum, Casa (Warner Music, 2016).

O día 30 de xuño será outra das citas máis populares, co trío Sweet California, no Xardín do Posío. As entradas están xa á venta en ticketea.com (5€ venta anticipada e 7€ en taquilla o día do concerto).

E o día 1 de xullo terá lugar o Enofestival Ourense 2017, de 20:30 a 0:30 horas no Bulevar Termal de As Burgas. O certame márcase como obxectivo promocionar a cultura do viño, contando coa presenza de adegas e colleiteiros/as da provincia de Ourense, cun perfil definido: viños auténticos, de "autor", e un elenco musical nesta terceira edición formado pola formación ourensá MCarballo Band, The Limboos e Arizona Baby,