Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Capturar a arte das rúas de Ourense e plasmala sobre o lenzo e na cámara de fotos é o obxectivo da terceira edición dos concursos de Pintura Rápida e do Maratón de Fotografía Cidade de Ourense, que se celebrarán as vindeiras fines de semana (27 de maio e 3-4 de xuño respectivamente) na cidade. Con preto de 5.000 euros de premios en metálico, as dúas actividades concíbense coma o mellor xeito de darlle visibilidade á arte urbana e de dinamizar a vida cultural en Ourense.

Pintura rápida

O concurso de Pintura Rápida celebrarase o sábado 27 desde as 9:00 horas da mañá, momento no que a organización -a asociación cultural LADDO- comezará a selar os soportes: un por participante, montado sobre bastidor ou estrutura ríxida e inferior aos 120cm. no seu lado máis longo. Os interesados, que deberán inscribirse no enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou na mesma sala Valente até as 11:30 horas, deberán entregar os traballos entre as 16:00 e 17:00 horas no espazo expositivo da rúa do Paseo, onde serán expostos até as 21:30 horas.

O xurado considerará a orixinalidade das obras, a calidade técnica e a calidade artística. Os premios serán os seguintes: un primeiro premio de 1.200 euros, un segundo de 600 euros e un terceiro de 400 euros, así como 3 mencións especiais de 100 euros.

Maratón de Fotografía

Para a fin de semana seguinte, 3 e 4 de xuño,  a Concellería de Cultura abre o concurso a todos os entusiastas da fotografía que queiran probar o seu talento botando un pulso na rúa. Baixo o paraugas da fotografía urbana, as propostas deben ser capaces de ser avaliadas de forma conxunta coma unha serie.

Poderán participar todas aquelas persoas, maiores de idade, que formalicen a súa inscrición, de forma gratuíta, no punto de control emprazado na sala Valente entre as 11:00 e as 11:45 horas ou a través do enderezo de correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Ás 12:00 horas darase a saída coo primeiro dos temas propostos pola organización, e así ata en catro ocasións. As imaxes serán entregadas no punto de control antes das 11:00 horas do domingo 4. As fotografías deberán facerse nos límites do Concello de Ourense, para o que os participantes poderán empregar o transporte público de balde.

O xurado considerará a coherencia da serie fotográfica, a orixinalidade, a calidade técnica e artística. Os premios serán os seguintes: 1.000 euros para a mellor serie fotográfica, 500 para a segunda mellor e 300 para a terceira; ademais haberá 4 mencións especiais de 100 euros á mellor fotografía de cada serie.

Bases dos concursos