Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

O festival de danza e artes do Corpo de Ourense Corpo(a)Terra xa ten datas de celebración: Será do 4 ao 14 de xullo, cando as rúas da cidade volvan encherse de arte e de xente. Para esta edición, o festival contará coa presenza da compañía Lali Ayguadé, de renome internacional. A súa contratación realizouse no marco da Rede Nacional de Festivais de Danza Acieloabierto, de cuxa directiva é integrante o Corpo(a)Terra.

Malia que o programa de actividades está aínda por descubrir, o Corpo(a)Terra abrirá nos vindeiros días o prazo de inscrición do Programa de Adestramento Intensivo en Danza 'Enxebre-17', a parte do festival dedicada á formación.

A programación nas rúas de Ourense estará centrada nos días 6,7,8 de xullo, e contará coa colaboración loxística e económica por parte do Concello de Ourense, cunha achega de 15 mil euros. Ademais, este ano Corpo(a)terra estenderase ao outro concello da provincia o día 14 de xullo, apoiado por primeira vez pola Deputación de Ourense.

Queda aberta tamén a plataforma de apoio en forma de capital temporal do equipo, artistas amigos, e sobre todo da ciudadanía.
Corpo(a)Terra coordina, ademais, un novo proxecto apoiado pola AGADIC, a Rede Galega de Festivais CompliCIDADES, que levará a danza a todos os recunchos de Galicia.