Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

O mercado de antigüidades volverá este domingo, 2 de abril, á Praza Maior de Ourense. Un total de 22 anticuarios confirmaron a súa participación nesta cita, que tradicionalmente se celebra o primeiro domingo de cada mes.

O mercado aumenta desde este domingo o número de participantes, o que supón un avance no proceso de regularización do que o Concello acometeu este ano, en cumprimento do acordo aprobado polo Pleno na súa sesión do día 13 de xaneiro. Con esta regularización do mercadillo preténdese garantir que a venda dos primeiros domingos de mes será de antigüidades en sentido estrito, e que os profesionais que a venden teñen toda a documentación que a acredita como tal.

A Concellería de Comercio requiriu aos participantes que presentasen a documentación necesaria para obter a autorización da actividade, motivo este polo que non se puido celebrar o mercado en febreiro.

Tralo estudo da documentación por parte dos técnicos municipais, a cita comercial voltou o primeiro domingo de marzo, e agora en abril aumenta o número de participantes.