Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

O 7 de novembro comeza o prazo de inscrición nas "actividades de envellecemento activo" ofertadas polos Centros Cívicos para os meses de novembro e decembro de 2017.

Os modelos de solicitude para participar nestas actividades atópanse nos Centros cívicos, na Oficina de Atención Cidadá sita na Praza Maior nº1 e na web
sede.ourense.gob.es

Os modelos de solicitude cubertos e acompañadas da fotocopia do DNI entregaranse no Rexistro Xeral do Concello. As prazas adxudicaranse por orde de entrada no
Rexistro. 

Para ter opción as actividades é requisito imprescindible estar empadroado no Concello e deberá cumprirse o requisito de ter 60 anos ou máis, podendo solicitar unicamente unha actividade.

Modelo de solicitude (pdf)