Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

 

A principal novidade respecto da última convocatoria de 2014 é a dotación orzamentaria, que sube un 50% ata situarse nos 150.000 euros, de xeito que se financiarán actuacións de entre un e dous anos de duración que darán inicio o 1 de xaneiro de 2018, cun máximo de 50.000 euros por proxecto. Cada entidade poderá presentar ata dúas propostas, individuais ou en agrupación, aínda que só se subvencionará unha. O Fondo Galego asumirá como máximo o 95% do custo total do proxecto.

As ONGD que concorran deberán contar con presenza real en Galicia desde hai polo menos dous anos, así como cunha experiencia mínima de doce meses no país e no sector de actuación. Estes países han de ser os establecidos como prioritarios polo Fondo Galego (lusófonos, Cuba e Nicaragua), os que figuran no III Plan Director da Cooperación Galega ou aqueles que teñan un IDH medio ou baixo, especialmente os Países Menos Adiantados (PMA).

En canto aos sectores preferentes, destacan o desenvolvemento socioeconómico local, participación social, bo goberno, fortalecemento institucional, apoio aos procesos de descentralización, empoderamento das mulleres, agricultura, desenvolvemento rural, abastecemento de auga e saneamento e mais servizos e infraestruturas sociais. Fican fóra desta convocatoria as accións de axuda humanitaria ou de carácter asistencial.

Os proxectos recibidos serán analizados, ademais de pola Secretaría técnica do Fondo Galego, pola Comisión Avaliadora de Proxectos, constituída por 5 representantes técnicas de diferentes Concellos e Deputacións. A súa misión será revisar cada un dos proxectos recibidos e elevar unha proposta de resolución da convocatoria á Comisión Executiva.

Material complementario