Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense
O programa de actividades de Nadal “Ourense con Luz Propia” que organiza o Concello incorpora unha nova cita musical cun novo concerto do grupo ourensán Priscila. Será mañá, martes, 27 de decembro, ás 19:00 horas na rúa Río Mao. Chegará así ata o barrio do Vinteún o ciclo de concertos “Priscila versións para o Nadal” que a formación ourensá leva achegando aos diferentes barrios da cidade para animar estas festas.

O grupo de estilo pop, nacido en Ourense en 2006 co nome de Sin Motivo, ten editadas dúas maquetas “Mi libertad” e “Quizás”, o EP “Priscila EP” (2011), e un longa duración “Cenizas” (2014). 

A cita na Ponte será o peche ao ciclo “Priscila versións para o Nadal”, que durante estas festas visitou os barrios de San Francisco, A Ponte, O Couto e a rúa do Paseo

Exposición en La Molinera

A axenda da xornada de mañá, martes 27 de decembro, propón tamén cita coa arte da fotografía no Centro de Coñecemento la Molinera, onde desde as 10:30 a 13:00 horas terá lugar “Transmigrants”, de Delmi Álvarez, un proxecto educacional dirixido ao público e a estudantes de antropoloxía visual, xornalismo, socioloxía, historia ou fotoxornalismo, igualmente como un complemento para docentes de centros de ensino.

Delmi Álvarez, fotoxornalista galego con base en Bruxelas e membro do Colexio de Xornalistas de Galicia pon de manifesto como no albor do século XXI milleiros de persoas inocentes son vítimas dos conflitos bélicos nos seus países e foxen cara a Europa na procura dun lugar onde refuxiarse, pagando moi caro o risco desa aventura forzada, sementando mares, ríos e camiños de corpos de nenos, mulleres e homes. Mostra como no campamento coñecido como “A xungla de Calais” (Francia) amontónanse e malviven entre barro e lodo miles de persoas de diferentes etnias

Delmi Álvarez documentou entre 2003 e 2016, nun proxecto a longo prazo diferentes lugares onde isto acontece, desde os campos de millo de Nea Vyssa preto do río Evros en Grecia, ata a Xungla de Calais ou Dunkerke en Francia, onde as forzas dá orde pública protexen os bulldozers que destrúen o maior guetto de transmigrantes en Europa.

O autor con este proxecto achéganos como testemuña directa unha visión persoal dun dos maiores problemas sociais e inhumanos do século XXI, despois da Segunda Guerra Mundial, que orixinou unha das crises máis graves dá historia dá Unión Europea creando distancias entre os seus propios membros forzados a pechar novamente as súas fronteiras.

Teatro infantil, Scalextric, deportes e actividades de conciliación

O Auditorio Municipal acollerá a representación de “O traxe novo do emperador”, a cargo de Geppeto, Aula Universitarira de Teatro Infantil, con dirección e dramaturxia de Elena Seijo. Unha obra de teatro de actor para nenos e nenas a partir de 5 anos. Haberá dúas representacións, ás 18:15 e ás 19:30 horas. O prezo da entrada é 3 euros.

A programación de mañá inclúe tamén a segunda xornada do Scalextric Solidario, que ata o mércores se desenvolve no Espazo Lusquinhos organizado pola Concellería de Xuventude coa colaboración de Progape, na que as persoas asistentes deberán levar un xoguete ou pienso para mascotas.

Tamén mañá haberá o torneo de Nadal McDonalds Escola Deportiva Ourense, de minibasket e fútbol sala no Pavillón dos Remedios, desde as 9:00h e o Torneo Nadal de fútbol 8, prebenxamín e benxamín no campo Miguel Ángel, e na piscina Rosario Dueñas continúan as Xornadas acuáticas de Nadal, de 18 a 19h.

Ourense con luz propia complétase coas actividades de conciliación familiar no Nadal que se organizan na Aula Municipal de Natureza, La Molinera, bibliotecas municipais, centros cívicos, Mañás de Nadal, máis os obradoiros de doces e decoración de cupcakes, na Asociación Veciñal Santa Olaia de Beiro e de cosmética natural, nas asociacións Arranxar e Os Rosais.