Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense
La Molinera acolleuo acto de presentación das obras gañadoras e finalistas do I Concurso “Ignacio de las Cuevas” de creatividade artística, un dos eventos cos que o Grupo Cuevas conmemora os seus 150 anos de traxectoria empresarial.

No acto participaron o director xerente do Grupo Cuevas, Artur Yuste; o presidente da Deputación, Manuel Baltar; e César Taboada, director da Escola de Arte Superior e Deseño de Ourense e presidente do xurado do certame.

“A relatividade do tempo é o fío conductor desta magnífica exposición, a mensaxe que nos lanzan os 34 traballos finalistas neste novidoso e innovador concurso "Ignacio de las Cuevas" de creatividade artística. Porque fomentar a creatividade, en calquera das súas disciplinas, é algo que debe contar con todos os nosos parabéns. Sen creatividade, non hai innovación. E sen innovación, non hai progreso”, sinalou o alcalde, Jesús Vázquez no seu discurso.

“Todo esto sábeno ben no Grupo Cuevas, empresa que leva 150 anos predicando co exemplo, poñendo a Ourense no mundo e facendo da innovación a súa bandeira. Un exemplo sen dúbida e un modelo a seguir. E tamén estamos ante un grupo empresarial que, entre as súas múltiples cualidades, amosa unha inmensa sensibilidade artística e un apoio a estas expresións que non é doado de atopar nos tempos que corren”.

Percorrido por Galicia

Esta exposición que percorrerá Galicia amosando esta escolma de creatividade, con 18 técnicas diferentes e enfoques fascinantes, regresará a Ourense tras percorrer as principais capitais. Dos 107 participantes, 34 foron seleccionados como finalistas polo xurado e son os que conforman a mostra.

Na súa intervención, Jesús Vázquez felicitou aos gañadores deste certame: Fernando Fernández Paez, coruñés galardoado co Gran Premio Ignacio de las Cuevas de Creatividade Artística pola obra "O instante"; e á ourensá Inma Vilanova, Mención Especial Abanca Novos Talentos, pola súa obra "Saba".

“Reitero o meu agradecemento ao Grupo Cuevas pola dinamización artística que promove con iniciativas como esta. Poucos xeitos hai mellores para celebrar século e medio de brillante traxectoria. Noraboa e a seguir por este camiño da innovación e a dinamización outros 150 anos máis”, concluiu o alcalde.