Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Tres expertos ourensáns en redes sociais, particularmente en LinkedIn: Pablo Álvarez, Carlos Montero e Javier Tresguerras visitano 23 de marzo o Centro de Coñecemento Municipal La Molinera para explicar a súas experiencia no uso da rede social Linkedin, dentro da actividade “Influencers e redes”. A actividade está dirixida a persoas que desexen aprender a sacar partido á rede LinkedIn para a súa actividade profesional ou empresarial. A inscrición é gratuíta, a través da web www.lamolinera.net

  • Pablo Álvarez Estévez, socio en BE:DO, estudio creativo, que explicará a súa experiencia coa rede e como a aplica no ámbito do seu negocio.
  • Carlos Montero técnico de intermediación laboral e orientador en COGAMI, que con LinkedIn está acadando grandes resultados para a inclusión de persoas con discapacidade en empresas de moitos traballadores.
  • Javier Tresguerras xerente de Agencia 36 Marketing Digital, quen explicará as recomendacións que lle levaron a obter clientes e contactos interesantes con LinkedIn.

“Influencers e redes” é unha serie de eventos celebrados en xoves enmarcados no Programa #XovesInspiradores, aos que asisten expertos ourensáns en diferentes redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram en semanas anteriores, e esta semana LinkedIn) co obxectivo de obter consellos de utilidade baseados na súa experiencia para aplicalos aos perfís persoais ou empresariais das persoas participantes.

Cambio de data no obradoiro de debate

O obradoiro de argumentación e debate que estaba previsto para mañá, 23, aprázase ao seguinte xoves, día 30, por solicitude da monitora.