Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

O Centro Municipal de Coñecemento La Molinera abre o luns 06 de marzo o prazo de inscrición en tres novos obradoiros para persoas adultas, incluidos na programación da Aulda da Rede CeMIT (Centros para la Modernización e Inclusión Tecnolóxica)

  1. Electrónica básica para robótica, que se desenvolverá os martes (14, 21 e 28 de marzo) de 16 a 18 horas
  2. Introdución ao Arduino: os martes 21 e 28, de 18 a 20 horas
  3. Asesoramento de proxectos: venres 17, 24 e 31 de 18 a 20 horas.

As persoas interesadas poden inscribirse na páxina web www.lamolinera.net, ou solicitar máis información no centro municipal sito na rúa Abrevadeiro, 1, Teléfono: 988374523

Outras actividades

  • Tamén está aberto o prazo de inscrición nas próximas sesións do ciclo “Inluencers & redes”, que se realizarán os xoves, 16 e 30. Son unha serie de eventos aos que asisten algúns dos mellores expertos ourensáns en cada rede social para dar consellos de utilidade baseados na súa experiencia para aplicalo aos nosos perfís persoais ou empresariais.
  • A programación de La Molinera para o mes que vén de comezar inclúe outros catro obradoiros para adultos, sobre Wordpress, Google AdWords, Google Analytics e deseño vectorial e corte láser, e outros dous obradoiros educacionais para cativos (Arquimakers-Kids e Team Markers Kids), outros.
  • Tamén en marzo continuará o obradoiro de argumentación e debate, que imparte Aida González, campioa do mundo 2016 de debate universitario en español (os xoves 9 e 23, de 19 a 20,30 horas)
  • A programación do mes de marzo complétase coa Demo Day, na que mozos emprendedores exporán, debaterán e defenderán os seus proxectos, o obradoiro de Educación emocional Akademia, e un obradoiro de fotografía incluído na programación da Universidade Popular do Concello de Ourense.