Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Ubicación:

A Oficina de Obxectos Perdidos atópase ubicada na Xefatura de Policía Local, sita na Rúa Victoria Kent 1.

Función:

Encargase de recepcionar, custodiar e realizar as xestións oportunas para localizar aos propietarios dos objectos perdidos que son entregados nas dependencias por parte de particulares, empresas uu organismos oficiais.

Horario de atención ao público da Oficina de Obxectos Perdidos:

  • A entrada de obxectos por parte de quen o atopa, pode realizarse durante as 24 horas do día, ben de maneira persoal na Xefatura de Policía Local o chamando ao 092 para que unha unidade pase a recollelo.
  • A recollida de obxectos perdidos, ben sexa polo seu lexítimo propietario o por quen o atopou, poderá realizarse de luns a venres en horario de 8:00 a 14:00 horas nas dependencias da Policía Local sitas na rúa Victoria Kent 1.
    • Para evitar molestias aos usuarios é recomendable poñerse en contacto telefónico coa oficina de obxectos perdidos, chamando ao 092, antes de acudir a recoller calquera obxecto.