Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, ven de convocar xunta de voceiros dos grupos políticos municipais que terá lugar na Alcaldía o martes, 20 de decembro, ás 11:00 horas. Tamén no día de hoxe se lles remitiu un escrito para que designen aos seus respectivos representantes na Comisión Municipal de Impulso e Seguimento do Proxecto de Integración Urbana do AVE que convocará próximamente o goberno municipal.

A orde do día da xunta de voceiros ten como primeiro punto dar conta da conversa mantida polo alcalde de Ourense co ministro de Fomento, Iñigo de la Serna, o pasado martes, 13 de decembro, en Madrid.

O alcalde, Jesús Vázquez, informará aos grupos da xuntanza mantida o martes co ministro de Fomento en Madrid en aras de acadar o máximo consenso, baseado no diálogo, en favor dos intereses xerais da cidade.

O segundo punto da orde do día é a análise da situación actual do proxecto de integración do tren de alta velocidade en Ourense.

A xunta de voceiros terá tamén un terceiro punto na súa orde do día, para abordar outros asuntos de interese.

O alcalde remitiu a convocatoria esta mañá a convocatoria da xuntanza aos voceiros dos grupos municipais con representación no Concello (Partido Popular, Democracia Ourensana, PSdeG-PSOE e Ourense en Común).