Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

 

Jesús Vázquez salienta que o ministro Íñigo de la Serna o recibise sen dilación onte pola tarde en Madrid, e agradécelle que se reafirme con toda franqueza no seu compromiso inequívoco coa Alta Velocidade a Galicia e coa variante exterior de Ourense.

"O diálogo é clave para clarexar as dúbidas que se puideron suscitar no marco dunha reflexión de carácter xeral, e na reunión que mantivemos onte o ministro e máis eu, quedou de manifesto e ratificado que o compromiso do Goberno Central con Ourense é firme, coa variante exterior como un dos proxectos que están na axenda do Ministerio de Fomento", sinalou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez. "O ministro foi sensible e eficaz na súa resposta ante unha demanda moi necesaria e lexítima da sociedade ourensá".