Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, mantivo un encontro institucional de traballo co fin de reforzar a colaboración entre o Concello e Abanca, que se leva materializado neste último ano en medio en diversas accións en materia cultural e de dinamización da cidade.

Na reunión estiveron presentes Javier Etcheverría, presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet Rodríguez, vicepresidente; Francisco Botas, conselleiro delegado; e Rubén Saavedra, director territorial en Ourense.

Esta colaboración, tal e como puxeron de manifesto no encontro, manterase e incrementarase con novas accións conxuntas entre ambos organismos.