Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense
O alcalde de Ourense celebra e agradece o compromiso cumprido da Xunta do arranxo da  OU-105 ao seu paso por Seixalbo

“Este goberno municipal cumpre co prometido. Solicitamos á Xunta o arranxo desta vía, trasladando así unha histórica demanda veciñal do núcleo de Seixalbo e hoxe ratifícase un compromiso cercano ao millón de euros”, sinala Jesús Vázquez

O proxecto, publicado no Diario Oficial de Galicia do 8 de xaneiro de 2018, é froito do diálogo do Concello cos veciños de Seixalbo, petición que foi trasladada polo Goberno Municipal á Xunta de Galicia, administración titular desta estrada

Para mellorar a accesibilidade a Seixalbo levarase a cabo unha actuación na intersección existente coa rúa Igrexa e construirase unha glorieta no camiño de Zaín, que tamén dá acceso ao citado núcleo. Ademais habilitaranse carrís centrais de espera para permitir os xiros cara a esquerda con máis seguridade, e dotarase a zona de aparcadoiros en liña.

En canto ao fomento da mobilidade peonil, disporanse 3 pasos de peóns, dotándoos cos correspondentes semáforos con pulsador e de iluminación específica. As paradas de autobús existentes adecuaranse e recolocaranse despois dos pasos de peóns, de modo que ao baixar do bus este non reste visibilidade sobre o paso, tal e como ocorre agora.

Este proxecto tamén contempla a execución de novos treitos de beirarrúas e a reparación das existentes, adaptándoas tamén á normativa de accesibilidade. Ademais, construirase unha senda ciclista sentido subida ao longo de todo o treito.