Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

O Concello de Ourense solicitará que a Xunta de Galicia implante novos estudos e ciclos formativos adaptados ás necesidades do sector empresarial.

Así se acordou logo dunha reunión, presidida polo alcalde, Jesús Vázquez, na que estivo presente o director xeral de Educacion, FP e Innovación Educativa da Xunta de Galicia; a subdirectora xeral de FP, María Eugenia Pérez; a delegada territorial, Marisol Díaz Mouteira; a xefa territorial da Consellería de Educación en Ourense, María Luz Fernández; o secretario xeral da Confederación de Empresarios de Ourense, Jaime Pereira Nóvoa; o responsable de Recursos Humanos de Hispamoldes, José Antonio León; e Pedro Luis García, xerente de Adventus.

Todos os presentes coincidiron na necesidade de sentar, sobre cimentos educativos, dun sector empresarial máis especializado, formado e cualificado, co fin de reforzar a competitividade das empresas ourensás.