Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Debido aos incendios registrados nas inmediacións do municipio de Ourense e a unhas especiais condicións meteorolóxicas, superáronse os valores límite de referencia nos analizadores da Caseta de Calidade do Aire do Concello de Ourense situada na Alameda, os días 15, 16 e 17 de outubro.

Os datos que sufriron un maior aumento por mor dos incendios, e os únicos que superaron os niveis lexislados, foron os de partículas en suspensión. Por “partículas” enténdese calquera sustancia, a excepción da auga, presente na atmosfera en estado sólido ou líquido baixo condicións normais e cuxo tamaño é microscópico ou submicroscópico, pero sempre superior ás dimensións moleculares. Un factor importante no efecto das partículas na saúde, xunto coa súa composición, é o tamaño das mesmas, posto que determina o seu grado de penetración e o tempo de permanencia nas vías respiratorias.

Distínguense dous tipos de partículas en función do seu tamaño:

  • Partículas grosas: Tamaño superior a 2,5 micras cun máximo ao redor de 10 micras. A súa orixe é principalmente natural, aínda que tamén poden ser liberadas pola acción do home. As partículas maiores deposítanse de forma rápida por acción da gravidade.
  • Partículas finas: Tamaño inferior a 2,5 micras. A súa orixe é diverso pero teñen unha alta compoñente antropoxénica. A eliminación faise principalmente por acción da choiva. As partículas menores de 2,5 micras denomínanse PM2.5 e os seus valores de referencia atópanse tamén no Real Decreto 102/2011, de 28 de xaneiro, relativo á mellora da calidade do aire.

A maioría das partículas de diámetro superior a 5 micras deposítanse nas vías aéreas superiores (nariz), na traquea e os bronquios. Aquelas cuxo diámetro é inferior teñen maior probabilidade de depositarse nos bronquiolos e alvéolos.

A maiores datos de contaminación se rexistraron o día 16 de outubro entre as 9:00 e as 22:00 horas, cos seguintes datos de Partículas menores de 10 micras:

  • 16-10-17 9:00: 188,72 microgramos/m3
  • 16-10-17 10:00: 315,27 microgramos/m3
  • 16-10-17 11:00: 305,38 microgramos/m3
  • 16-10-17 12:00: 275,48 microgramos/m3
  • 16-10-17 13:00: 262,55 microgramos/m3
  • 16-10-17 14:00: 219,65 microgramos/m3
  • 16-10-17 15:00: 261,19 microgramos/m3
  • 16-10-17 16:00: 171,09 microgramos/m3
  • 16-10-17 17:00: 143,61 microgramos/m3
  • 16-10-17 18:00: 126,50 microgramos/m3
  • 16-10-17 19:00: 95,43 microgramos/m3
  • 16-10-17 20:00: 131,89 microgramos/m3
  • 16-10-17 21:00: 123,42 microgramos/m3
  • 16-10-17 22:00: 90,72 microgramos/m3

O longo da noite do día 16 e na madrugada e mañá do día 17 de outubro a contaminación, e polo tanto os datos, baixaron notablemente, dende as 10:00 horas desta mañá os valores xa están por debaixo de 50 microgramos/m3, seguindo co padrón de reducción, xa que o último dato tomado as 13:10 é de 14,31 microgramos/m3.

"Picos" en 2017

As partículas de tamaño inferior a 10 micras coñécense como PM10 e están actualmente lexisladas mediante o Real Decreto 102/2011, de 28 de xaneiro, relativo á mellora da calidade do aire. Este decreto establece que o valor límite diario para a protección da saude é 50 microgramos/m3 que non pode superarse en mais de 35 ocasions por ano civil. No que levamos de ano se superou este límite soamente en 5 ocasións:

  1. 10-1-17: 64,63 microgramos/m3
  2. 24-1-17: 54,12 microgramos/m3
  3. 15-1-17: 59,21 microgramos/m3
  4. 20-6-17: 51,23 microgramos/m3
  5. 15-10-17: 59,24 microgramos/m3
  6. 16-10-17: 154,74 microgramos/m3

Estas superacións son moi puntuais e nunca se supera o número máximo permitido polo Real decreto. No ano 2016 só se superou este límite en dúas ocasións.