Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Logo dos traballos de limpeza e restauración do río Loña no seu tramo urbano, a brigada de limpeza traballa actualmente augas abaixo da praza de abastos en dirección á desembocadura no río Miño. Os labores de hixienización, que empregan a 8 especialistas e dous brigadas forestais, perseguen limpar de árbores e restos vexetais, así como de residuos sólidos urbanos, as inmediacións dos ríos para que non obstrúan as aguas e coa finalidade de que non se formen tapóns nunha zona de paso habitual.

Despois do Barbaña, no que estarán durante aproximadamente semana e media, os labores centraranse no regato dos Muíños (río Barbañica) e, cara á última semana do mes, volverán ao río Loña para rematar os traballos desde a ponte medieval ata o colexio de Mende.

O acondicionamento integral dos ríos, unido á substitución do mobiliario urbano ao redor dos grandes paseos fluviais da cidade quere ofrecer zonas de lecer atractivas para o os ourensáns e impulsar o fomento dos hábitos saudables.