Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense
A concelleira de Facenda, Ana Morenza, convocou aos grupos municipais a unha reunión para analizar a reforma fiscal do Concello de Ourense. Logo de anteriores xuntanzas, o Goberno Municipal incorporou a meirande parte das emendas presentadas e empraza a todos os grupos a reunirse de novo o 5 de xullo, co fin de que PSOE e DO plantexen as súas aportacións ao respecto. Así o explica a concelleira de Facenda, Ana Morenza, tralo remate do encontro de traballo, que destaca a vontade e capacidade negociadora do Goberno Municipal.

O plantexamento do Goberno Municipal é claro: a rebaixa do imposto do IBI ata nun 7% para o vindeiro ano 2018. Esta medida, plantexada hoxe aos grupos da oposición, permitiría un aforro de aproximadamente 1.600.000 euros aos ourensáns que teñen vivenda en propiedade na cidade (cunha rebaixa do 5% no tipo impositivo xeral), así como 460.000 euros naqueles que domicilien os recibos (bonificación do 2%). Estas cantidades son as que deixaría de percibir o Concello con esta baixada de impostos.

Na reunión, os técnicos da Concellería de Facenda tamén se explicou que todas as baixadas de ingresos que provocan as baixadas de impostos xeran unha baixada tamén no importe do teito de gasto. Esto implica que unha reforma global de todos os impostos municipais conlevaría unha baixada do teito de gasto que impediría ter a liquidez suficiente para facer frente ao gasto comprometido. Por elo, o Goberno Municipal decidiu iniciar a reforma fiscal que está agora mesmo sobre a mesa de xeito progresivo, comezando polo IBI, que é un imposto que afecta a maior parte da cidadanía de Ourense.