Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Trátase dun conxunto de medidas e actuacións urxentes, a desenvolver en setembro e outubro, destinadas a mellorar as taxas de inserción laboral mediante a formación e o fomento do espíritu empresarial.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, recalcou que a nosa máxima como goberno municipal é, precisamente, articular políticas que redunden na creación de emprego e en poñer a disposición de todos aqueles ourensáns que desexen emprender de todos os mecanismos que dende a Administración Local podamos ofrecer¿.Os obxectivos do PLAE serán fomentar o espírito empresarial para favorecer o emprendemento; mellorar o acceso ao emprego para facilitar a inserción laboral; impulsar a formación e a orientación para mellorar e aliñar a capacitación profesional e involucrar ao sector produtivo local na mellora do emprego.

No tocante á acción formativa, durante os meses de setembro e outubro se realizará un curso de márketing empresarial (con compromiso de inserción laboral do 25%), coaching e orientación laboral, incentivos ao emprendemento (1.550€ para os proxectos emprendedores presentados polos participantes na acción formativa) e culminará coa I Feira do Emprendedor.

Os interesados en participar e inscribirse, poden consultar a páxina web www.ourensemprendedor.gal, ou ben no Centro de Iniciativas Empresariais ou na Cámara de Comercio de Ourense. Tamén existen dúas contas nas redes sociais de twitter (@Ouemprendedor) e facebook (Ourense Emprendedor) que informarán puntualmente das actividades do PLAE.