Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

O Concello de Ourense sigue dando pasos firmes para acadar canto a antes a construcción do futuro Centro de Atención Terapéutica ás Persoas con Discapacidade de Ourense (CAPD).

Logo da reunión técnica mantida en febreiro entre o Concello, a Xunta e a Deputación, na que finalmente se elixiu a parcela proposta polo Concello en Berrocás, foi necesario aprobar unha modificación de uso que o alcalde, Jesús Vázquez, se comprometera a levar a Pleno coa maior celeridade.

Así foi, e na seguinte sesión plenaria trala reunión técnica, que se celebrou o pasado 3 de marzo, o Pleno da Corporación aprobou a alteración do uso dotacional equipamento deportivo público previsto no planeamento vixente para a parcela PD-1B no sector A6.

Cambiándoo así por un uso dotacional sanitario-asistencial público, paso previo, necesario e imprescindible para iniciar a tramitación do expediente de cesión da parcela, axeitada ás necesidades que reclaman os pais e nais para emplazar o futuro centro terapéutico e ocupacional para a atención ás persoas con discapacidadede máis de 21 anos da provincia (CAPD).

Posteriormente á aprobación do cambio de uso, o Concello remitiu a Catasto a solicitude para a segregación parcela e a obtención dunha nova referencia catastral. Esto é debido a que coa segregación da parcela xa finalizada e incorporada na Base de Datos do Catastro, o Concello estará en disposición de iniciar de inmediato a tramitación do Expediente para a cesión dos terreos á Consellería de Política Social, co fin de que leve a cabo o desenvolvemento da infraestrutura.