Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Os Maios de Ourense, festa de interese turístico de Galicia, xa ten cartel anunciador para a edición de 2017. que terá lugar o domingo 7 de maio. O deseño gañador correspóndelle a Miguel Ángel García Chaler, que presentou o cartel baixo a lenda "Maios, la fiesta de todos", elixido “por ter un deseño explícito, que integra elementos representativos da cidade sen caer nos tradicionais tópicos", segundo a deliberación do xurado. O certame está dotado cun premio de 800 €, e será a imaxe que represente esta festa en toda Galicia, segundo rezan as bases da Concellería de Cultura.

Os encargados de deliberar a elección do cartel entre as 13 propostas presentadas foron os artistas Ana Díaz Alonso -Ana Skette- e Pablo Otero Rodríguez 'Peixe', Eva Torres, directora de Áreas expositivas do Concello de Ourense, e senllos técnicos municipais, de Cultura e de Comunicación.