Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; o concelleiro de Emprego, Jorge Pumar; a directora de Telefónica Galicia, Marta Menéndez; o responsable dos programas de empregabilidade da Fundación Telefónica, Matías Figueroa; e a técnico de Comunicación do programa Lanzadeiras en Fundación Santa María a Real, Marta Prieto, visitaron os participantes da II Lanzadeira de Emprego de Ourense, que conta co cofinanciamento do Fondo Social Europeo.

A II Lanzadeira de Emprego de Ourense comezou a funcionar en decembro para axudar a unha vintena de persoas desempregadas a adestrar unha nova procura de traballo, acorde ao mercado actual. Representantes das diferentes entidades promotoras visitaron hoxe ao equipo para coñecer os seus participantes actuais e comprobar a evolución que experimentaron nos tres primeiros meses.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, foi o encargado de clausurar a visita e sinalou que, "coa metade do camiño percorrido, empezamos a recoller os froitos de todas estas boas sensacións: nove de vós xa abandonaron o niño, espero que ese estímulo vos faga crer aínda máis en vós mesmos e nas vosas capacidades. A Lanzadera é unha ferramenta innovadora e efectiva para a búsqueda de emprego, e o estades demostrando día a día”.

Neste senso tamén abundou o concelleiro de Promoción Económica, Jorge Pumar, quen lembra que "Ourense foi o primeiro concello de Galicia e poñer en marcha unha Lanzaders e, tralos resultados obtidos na primeira edición e a boa marcha desta segunda, confírmase que estamos ante unha ferramenta moi útil para mellorar a empregabilidade das persoas que se atopan na búsqueda activa de emprego".

Participantes

A técnico que xestiona a segunda lanzadeira, Lida Enrich, explicou ao comezo da visita que o equipo está formado na actualidade por 11 participantes (8 mulleres e 4 homes) con idades comprendidas entre os 19 e os 46 anos. Afortunadamente o equipo minguou. “É unha gran noticia porque supón que 9 compañeiros xa atopasen traballo nestes primeiros meses en diferentes sectores, como márketing dixital, construción, formación, industria alimentaria, arquitectura, hostalería e banca”, detallou Enrich.

“É un logro colectivo -continuou Enrich- que se debe ao adestramento intensivo que experimentaron na lanzadeira, pero especialmente á proactividade, actitude e motivación dos participantes. É un equipo moi práctico nas súas formulacións, moi centrado nos seus obxectivos e cunha implicación moi alta”, destacou.

Distribuídos por proxectos

Posteriormente, varios participantes interviñeron para contar como están a traballar de forma colectiva e coordinada. “Distribuímonos en catro proxectos: Intermediación, Procura de ofertas, Comunicación e Emprendemento. Desta maneira a procura é máis profesional que a que faciamos antes, sós, pola nosa conta”, detallaron.

A partir de agora

O equipo seguirá traballando con dinámicas de orientación laboral, comunicación e marca persoal, ademais de ir completando o seu mapa de empregabilidade e ir reforzando o contacto co tecido empresarial en busca de novas oportunidade laborais. “Esperamos que a cifra de insercións por conta allea poida ir incrementando ata o final da lanzadeira. Ademais, temos que ter en conta tamén a aquelas persoas que se están expondo outras opcións como o autoemprego ou a formación regrada, acudindo a cursos que lles permitan redefinir o seu obxectivo laboral”, especificou Marta Prieto, da Fundación Santa María a Real.

Resposta eficaz

O responsable dos programas de empregabilidade da Fundación Telefónica, Matías Figueroa, destacou que as lanzadeiras son unha resposta eficaz ao problema do desemprego. “Unha persoa que entra a unha lanzadeira sae moi distinta a como entrou. Os resultados tanto cuantitativos como cualitativos motívannos a seguir apostando por este proxecto que brinda unha oportunidade de mellorar a súa empregabilidade” para inserirse no mercado laboral.