Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Técnicos municipais do Concello de Ourense e técnicos da Sociedad Mercantil Estatal Aguas de las Cuencas de España (Acuaes), mantiveron  unha reunión para perfilar e como quedará a zona que até o de agora ocupa a antiga depuradora de Reza.

Nesta reunión, na que participaron tamén o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Infraestruturas, José Araújo, púxose de manifesto o interese do Concello de dotar da máxima superficie posible para uso e disfrute da veciñanza nesta área de Reza.

O encontro, de carácter técnico, supón un paso fundamental para acadar un acordo político neste senso, tal e como puxeron de manifesto Vázquez e Araújo tralo remate do encontro cos técnicos de Acuaes, sociedade mercantil estatal que ten como finalidade a construcción e xestión de infraestruturas hidráulicas nas cuencas de España.