Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, participou en Madrid na primeira xornada do VI Congreso Nacional de Innovación e Servizos Públicos, organizado pola FEMP, que este ano aborda a transformación dixital das administracións públicas. O rexedor moderou a mesa de debate sobre as iniciativas facilitadoras desta adaptación.

“As administracións locais deben ser promotoras da súa propia actualización e do desenvolvemento dos seus territorios”, dixo, sen esquecer os grandes retos das entidades locais: “A resistencia ao cambio, a falla de coñecementos especializados e o investimento económico”.

Vázquez Abad, en calidade de presidente da Comisión de Modernización, Participación Cidadá e Calidade da FEMP, puxo a disposición dos entes locais dous proxectos para facilitar e mellorar a calidade dos servizos públicos a través de senllas iniciativas que buscan, en definitiva, facilitar de forma xeral a toma de decisións e a acción de conxunto.

A primeira é a Ordenanza de Procedemento Electrónico Común, presentada por Víctor Almonacid, secretario xeral do concello de Alzira, e Borja Colón de Carvajal, xefe de servizo de Administración e Innovación Pública da Deputación de Castellón. A segunda, a edición de libros de estudo e de traballo para a Transformación Dixital, a cargo de Virginia Moreno, directora xeral da Área Novas Tecnoloxías e Innovación do Concello de Leganés, e de Víctor Solla, director xeral de Tecnoloxías da Información e da Comunicación do Principado de Asturias.