Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

As conclusións aportadas polo goberno municipal foron aprobadas por unanimidade dos catro grupos: que o contaxio non veu producido pola conducción de auga bruta; que os casos de lexionela viñeron motivados por unha mala planificación en prevención e desinfección dos vehículos que utilizaban auga bruta, así como das súas instalacións por parte da empresa; e que do exame das datas dedúcese con facilidade a falta de transparencia por parte da empresa na entrega de documentación e información ao Concello

A primeira hora tivo lugar a última xuntanza da Comisión de Investigación da Lexionela (logo da detección de dous casos en agosto de 2015). Nesta reunión, na que estiveron presentes representantes de todos os grupos políticos, aprobáronse as conclusións desta comisión.

Tal e como explica a presidenta da devandita comisión, a concelleira Ana Morenza, as tres conclusións aportadas polo goberno municipal foron aprobadas por unanimidade dos catro grupos (DO, PSOE, OueC e PP).

As conclusións

Son as seguintes:

  1. Que o contaxio non veu producido pola conducción de auga bruta.
  2. Que os casos de lexionela viñeron motivados por unha mala planificación en prevención e desinfección dos vehículos que utilizaban auga bruta, así como das súas instalacións por parte da empresa.
  3. Que do exame das datas dedúcese con facilidade a falta de transparencia por parte da empresa na entrega de documentación e información ao Concello.

Tamén foi aprobada, cos votos en contra dos membros do PP, unha conclusión aportada polo Grupo Municipal Socialista, na que se establece que “primou a oportunidade política por riba da seguridade”.

O voto en contra foi fundamentado en que esta conclusión é incompatible coa conclusión num.3 do PP, aprobada por unanimidade, “xa que se quedou patente a falta de transparencia da empresa na entrega de datos ao Concello, difícilmente podíamos facer primar a oportunidade política por riba da seguridade. Simplemente, cando tivemos coñecemento de todos os datos, foi cando se fixo público”, relatou a concelleira Ana Morenza.