Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense
O tempo de espera para os peóns nos principais semáforos da cidade será reducido. Este será o obxectivo da reorganización dos ciclos semafóricos que o alcalde, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, Carlos Campos, lles trasladaron aos responsables da empresa adxudicataria nunha reunión mantida no Concello.

Esta petición fundaméntase nas queixas cidadás recibidas no Concello, así como nalgunhas conclusións extraidas da campaña de sensibilización e Seguridade Viaria desenvolvida conxuntamente entre o Concello e Stop Accidentes. Estas conclusións sinalan que unha das causas polas que os peóns cruzan en vermello os semáforos é porque consideran que o tempo de espera é desproporcionado con respecto ao delimitado para os vehículos. Isto, unido ás presas, provocan actos imprudentes como cruzar en vermello que poñen en risco a propia seguridade dos peóns.

Ademais, tamén se delimitará a 30 km/hora as rúas próximas aos parques con gran afluencia de rapaces e familias, algo para o que xa se encargou un estudo pormenorizado aos técnicos municipais.

“O obxectivo deste Goberno Municipal é pacificar o tráfico e dotar de mellores mecanismos de mobilidade á cidade de Ourense, primando sobre todo a seguridade das persoas”, sinala o concelleiro de Seguridade Cidadá, Carlos Campos.