Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

A luminaria do paseo do Tinteiro, pista de terra que une o Tinteiro coa pista vermella, renovada o pasado mes de setembro con cargo ao plan de obras, foi vítima dun acto vandálico esta fin de semana.O servizo eléctrico constatou un total de tres farois manipulados, ademais dun proxector con tecnoloxía led que iluminaba a fonte do Tinteiro, un dos principais focos de atracción do percorrido termal ourensán. En total, o Concello valora os efectos substraídos en 700€ e os danos causados en 1.800€.

O tipo de iluminación é do máis eficiente que actualmente existe, iluminación led, optando por luminarias dunha potencia de 30W para manter unha uniformidade na pista de 10 lux. As luminarias están programadas para que entre as 01:00 horas e as 05:30 horas reduzan o seu consumo un 30% do seu potencial total, co que se consegue un aforro de enerxía. O orzamento total das obras de renovación da luminaria ascenderan a 39.033,03 euros.