Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Rematan as obras de mellora do acceso a Rabo de Galo desde a estrada N-525 en sentido Madrid. As obras executounas o Ministerio de Fomento trala petición do Concello de Ourense, que trasladou esta vella demanda veciñal.

Os traballos prolongáronse por un período de un mes, e consistiron en darlle maior amplitude ao acceso, mellorando tamén o firme do mesmo, cun orzamento de 50.000 euros máis IVE

“Éramos coñecedores de que esta obra era primordial para a seguridade dos veciños e dos vehículos que acceden a Rabo de Galo, de aí que lle trasladásemos a Fomento a necesidade de acometela na maior brevidade posible, algo que estimaron en Demarcación de Carreteras. Agradecemos, pois, a eficacia e dilixencia destas obras que se acadaron grazas a esta cooperación institucional”, sinalou o alcalde, Jesús Vázquez

O pasado 26 de xullo comezaron as obras de acceso a Rabo de Galo desde a estrada N-525 (o acceso é o que está situado en sentido Madrid da circulación).

O Ministerio de Fomento, titular desta estrada, foi a administración que as executou e os traballos consistiron en darlle maior amplitude a este acceso, mellorando tamén o seu firme, cun orzamento de 50.000 euros máis IVE.

Esta obra, tal e como reclamaban os veciños da zona, é unha vella demanda veciñal, dado que o acceso era moi complicado pola súa estreitez e a velocidade á que accedían os propios vehículos desde a estrada N-525. Esta petición veciñal foi recollida polo Concello de Ourense, que lle trasladou a Demarcación de Carreteras do Ministerio de Fomento a necesidade de acometer esta mellora.