Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

O Concello de Ourense contará con 14 novas vivendas de protección oficial destinadas a familias en risco de exclusión social. Grazas ao Plan Rehavita da Xunta de Galicia, que achega case 2 millóns de euros para estes inmobles, as familias máis necesitadas poderán contar con vivendas con todas as comodidades posibles a alugueres alcanzables. En total, hai 8 novas vivendas na rúa Alejandro Pedrosa que se suman ás rehabilitacións na Rúa Cervantes 14 e Rúa do Vilar 1, 3 e 5.

O prazo de execución previsto nos proxectos apunta a que as vivendas poderían estar a disposición das familias a comezos de 2019. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, agradece “a aposta da Xunta pola conservación e rehabilitación da cidade”, pero tamén salienta ao “interese por recuperar zonas emblemáticas como é a do casco vello”.

As vivendas protexidas de Alejandro Pedrosa serán de 80 metros cadrados e contarán con 3 dormitorios, garaxe e rocho, así como acabados de calidade. O custe será de 800.000 euros. Na rúa do Vilar 1 ofrécense outras dúas vivendas públicas coas seguintes características: son vivendas dúplex de 90 metros cadrados e tres habitacións que contan con 400.000 euros de investimento por parte da Xunta de Galicia.

O resto das vivendas emprázanse nos números 3 e 5 da rúa Vilar e no 14 da rúa Cervantes, actuacións que alcanzan o millón de euros de orzamento.