Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

O Goberno Municipal de Ourense convocará a Comisión de Seguimento da Praza de Abastos nº2, a do barrio de Ourense. Trátase do órgano técnico e político onde se analizan con rigor as propostas para acadar un modelo de xestión para esta infraestrutura.

O Goberno Municipal emplaza a Democracia Ourensana a presentar a súa “innovadora” proposta neste órgano e sometela aos informes técnicos necesarios e precisos para levala a cabo, e non quedar na superficie “dun espectáculo baleiro pensado só para dar falsas esperanzas aos veciños, sen ningún tipo de rigor”.

Lembra o Goberno Municipal que nas sucesivas reunións desta Comisión, o voceiro de Democracia Ourensana nunca participou aportando propostas, como sí fixeron outros grupos e das cales sairon adiante os dous pregos (baseados na chamada “xestión integral” da Praza de Abastos) que finalmente quedaron desertos.

Así, o Goberno Municipal confía en que o voceiro de Democracia Ourensana plantexe na devandita Comisión a súa proposta con todos os datos precisos co fin de sometela coa debida seriedade aos informes técnicos necesarios e precisos para levala a cabo. “Sen unha proposta viable técnica e xurídicamente, desvirtuaríase o debate no Pleno cunha proposta baseada en ocurrencias sen ningún tipo de rigor”.