Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense
Despois de realizar en outubro do pasado ano, a actuación dun tramo da rúa Dalí, a concellería de Infraestruturas alertou das sucesivas caídas de peóns por mor do pavimento escorregadizo noutros tramos desa zona.

É por isto polo que o Concello de Ourense, a través da Concellería de Infraestruturas, decidiu intervir nos seguintes tramos, contratando para elo á empresa ourensá Code S.A. por un importe de 9.416,22 euros:

  1. Tramo da beirarrúa en Dalí Nº-13 – 15.
  2. Tramo r/Dalí; desde o cruce Jesús Soria ata o cruce Faustino Míguez.
  3. Tramo Faustino Míguez; desde a r/Dalí ata r/Ensino.

Os traballos consistiron en retirar a capa da superficie e volver a deixar a baldosa nun estado áspero para evitar as caídas. Para a execución desta obra necesitáronse:

  • 5 operarios
  • 3 máquinas devastadoras para o fresado da baldosas.
  • 1 grupo electróxeno.
  • 1 máquina da limpeza de auga á presión.