Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Xuventude

Áreas

 

Entre os días 21 e 24 de decembro a Alameda de Ourense acollerá o "Pop Up Market", unha iniciativa "nova e ambiciosa" que aposta por crear un mercadiño de nadal cos produtos que os mozos ourensáns venden habitualmente en Internet; pero que tamén ofrecerá espazo á gastronomía, as actividades para nenos e a música en vivo.

"Trátase dunha iniciativa fantástica que atraerá a moitos visitantes e unha experiencia moi ambiciosa", sinalou este venres o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, durante a presentación desta actividade na que colaboran as concellarías de Cultura e Xuventude.

O alcalde resaltou que o "Pop Up Market" será "un espazo para mostrar o potencial creativo de Ourense" e para que os novos empresarios da cidade que habitualmente ofrecen os seus produtos a través da rede poidan "reivindicarse" e dar a coñecer "o mellor do seu traballo".

Nesta mesma liña manifestouse a concelleira de Xuventude, Sofía Godoy, que apostou porque este mercado sirva como "axuda" para que os mozos con proxectos poidan "ter un referente" nas empresas que xa existen en Internet.

Tamén salientou a importancia de que "os mozos con negocios en formato 'on line' poidan ser visibilizados durante uns días e que se poidan comprar os seus produtos".