Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Xuventude

Áreas

A Concellería de Xuventude do Concello de Ourense e Queixumes dos Pinos organizan unha nova actividade, na que mozas e mozos de Ourense de entre 12 e 35 anos poderán mostrar todo o seu talento artístico. Será o Festival de Novos Talentos Youth Talent 2017, “unha forma fantástica de estimular a creatividade na mocidade, pero tamén de servir como plataforma para a visualización dun talento”, en palabras do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

A concelleira de Xuventude, Sofía Godoy, e o director de Queixumes dos Pinos, José Antonio Viñas presentaron xunto ao rexedor esta actividade, na que se poderán inscribir mozos e mozas de 12 a 35 anos, ata o día 5 de maio, na Concellería de Xuventude e en Queixumes dos Pinos. As persoas que se apunten participarán os días 13 e 14 de maio nun cásting, que terá como escenario o Espazo Lusquiños para a Mocidade, no cal 3 persoas do ámbito do espectáculo valorarán as actuacións de canto, música, danza, maxia, teatro ou calquera actividade escénica.

De entre todos os presentados, seleccionaranse 12 actuacións que pasarán á gala final que se celebrará o 11 de xuño no centro cultural Local de Queixumes dos Pinos (na rúa Nosa Señora da Saínza de Ourense). Nesa final haberá un xurado formado por 5 persoas do ámbito do espectáculo que avaliarán as actuacións para elixir os tres primeiros postos. Eses tres primeiros terán un trofeo e xestionarase a súa presenza nun programa da TVG. O primeiro dos tres participará no programa Multiculturas 2017 de Lloret de Mar en xullo.

Concello e Queixumes afrontan este certame co reto de que sexa un evento que ilusione e sirva de plataforma de lanzamento para algún dos artistas participantes, dándolle tamén ao evento un carácter universal e socializador entre os participantes e asistentes, cos obxectivos de fomentar as relacións interpersoais a través da promoción da cultura entre os máis novos, así como ofertar unha actividade dinamizadora de carácter interxeneracional