Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Xuventude

Áreas

A Concellería de Xuventude do Concello de Ourense organizará este mes de decembro dúas novas actividades enmarcadas no programa de Nadal “Ourense con luz propia”. Serán un curso de decoración e protocolo na mesa de Nadal e outro de menús de Nadal.

As persoas interesadas poden inscribirse en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e obter máis información na propia Concellería, na Praza de San Martiño, teléfono 988 388154.

Cada un dos cursos conta con un total de 20 prazas e están dirixidos a persoas maiores de 15 anos.

As prazas adxudicaranse por orde de presentación de solicitudes.

Os cursos

  • O curso de Decoración e protocolo na mesa de Nadal será os días 14 e 15 de decembro, de 19:00 a 21:00 horas, na Aula de Cociña sita na rúa Vasco da Ponte nº1, baixo, no barrio das Lagoas
  • O curso “Elabora o teu menú de Nadal. 1º, 2º e postre” será os días 19,20 e 21 de decembro, de 18:30 a 21:30, na mesma aula de cociña