Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Xuventude

Áreas

A Concellería de Xuventude do ven de publicar a acta da comisión avaliadora dos candidatos ao proxecto transnacional xuvenil do Concello de Ourense Galeuropa.

Os seleccionados para participar en Galeuropa presentarán no Rexistro do Concello no prazo de dous días hábiles, contados a partires da publicación no Taboleiro de Anuncios da relación de seleccionados: copia cotexada da tarxeta sanitaria europea ou solicitude desta e unha declaración xurada obrigatoria para poder facer a mobilidade. A non presentación desta documentación suporía a renuncia a participar no proceso.


O proxecto, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, ofrecía 5 prazas con destino a Irlanda e 4 con destino a Reino Unido. A mobilidade inclúe gastos de viaxe, manutenación, seguro, aloxamento, curso de idiomas e realización de prácticas formativas non remuneradas en empresas.


Para máis información descarga do (pdf) coa acta da comisión avaliadora.