Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Xuventude

Áreas

A área de Xuventude do Concello de Ourense quere desenvolver o potencial da mocidade ourensá e axudarlles a atopar os seus recursos, “os que teñen menos desenvolvidos e mesmo os que descoñecen”, a través de catro obradoiros que conxugan diversión e medio ambiente: Motivación, Comunicación, Paintball e Coaching son as catro propostas da Concellería para maiores de 16 anos. As inscricións, gratuítas, serán no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou nas dependencias de Xuventude [praza de San Martiño 2 baixo ou no 988.388.154], serán por rigoroso orde de entrada.

Sofía Godoy, concelleira de Xuventude, animou a mocidade a apuntarse nestes obradoiros porque servirán “para sacar o mellor deles mesmos, pero tamén para pasar unhas xornadas moi divertidas”, dixo.

Os obradoiros

  • Motivación para medrar e acadar as túas metas. Venres 30 de xuño Botánico de Montealegre. Obxectivo xeral: Axudar aos participantes a aumentar o seu nivel de motivación e de autoestima que lles permitan mellorar a súa empregabilidade e facilite a súa inserción no mercado laboral.
  • Comunicación para o éxito. Venres 30 de xuño. Botánico de Montealegre. Obxectivo xeral: Mellorar a nosa comunicación para lograr transmitir o mensaxe de forma eficaz.
  • Coaching para coñecerte e mellorar. Venres 21 de xullo. Castro de Santomé. Obxectivo xeral: Como mellorar o noso proxecto como emprendedores a través do coaching.
  • Teambuilding con Paintball. Sábado 19 de agosto. Lakatos Paintball de Seixalbo. Obxectivo xeral: Mellorar a capacidade de traballo en equipo dos participantes, dotándoos de ferramentas que lle permitan alcanzar unha elevada eficiencia nun ambiente laboral satisfactorio.