Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Xuventude

Áreas

A fachada do Concello de Ourense loce, no día do Fundador do movemento scout, a bandeira da organización xuvenil máis grande do mundo -supera os 40 millóns de seguidores en todo o mundo- e que tamén conta na cidade con máis de 50 membros do ASDE – Scouts de Galicia con idades desde os 7 anos ata o voluntariado adulto no Grupo Scout Ilex, un proxecto de recente creación.

A xornada, que ten carácter mundial, celebra a efeméride do nacemento de Robert Baden-Powell, fundador e persoa clave da organización xuvenil. En Galicia (con medio milleiro de seguidores), as casas consistoriais de María Pita e do Pazo de Raxoi tamén lucirán a bandeira scout da súa fachada, ao igual que outros concellos como Valladolid ou Madrid.

En todo o mundo máis de 7 millóns de persoas voluntarias se responsabilizan, cada fin de semana, de grupos de nenos e nenas cos que comparten os seus valores e experiencias e aos que acompañan no seu crecemento como futuros cidadáns e axentes do cambio positivo en la sociedade: a súa máxima, desde 1907 é a de “cambiar o mundo e deixalo mellor de como o atoparon”.