Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Xuventude

Áreas

A Concellería de Xuventude abre o prazo este xoves 2 de febreiro para que todos os interesados en anotarse no proxecto Erasmus+ que desenvolve a área dirixida por Sofía Godoy e que conta coa colaboración da Confederación Empresarial de Ourense (CEO) e a London Business Parthership Limited (LBP) británica. Serán 55 os mozos participantes (27 de Reino Unido e 28 de Ourense) nun programa que se desenvolverá en Ourense na semana do 11 ao 18 de febreiro de 2017. O prazo permanecerá aberto ata o mércores día 8 de febreiro de 2017 na Concellería de Xuventude do Concello de Ourense (Praza San Martiño,2-baixo) ou a través do enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

O obxecto do proxecto consiste en promover un intercambio unilateral de mocidade británica e ourensá durante cinco días nos que compartirán o seu coñecemento e experiencias en torno ás necesidades sociais dos seus respectivos países, visitarán empresas de economía social e participarán no programa Meccano of Social Initiatives, que é un programa de capacitación baseado en dinámicas de grupo e simulacións para que os participantes adquiran competencias necesarias para poñer en marcha unha iniciativa de economía social no futuro.

A CEO porá a disposición o seus contactos de empresas lideradas por mozos, co fin de facilitar encontros ou visitas que enriquezan o intercambio e a súa temática: emprendemento social e xuvenil.

Perfil dos participantes

  • Os participantes deben ser mozos (15/29 anos) cunha idea de negocio que dea resposta ás necesidades sociais da súa contorna ou que, sendo estes xa emprendedores, queiran aprender sobre as empresas de carácter social
  • Polo menos un 60% dos participantes deben ter entre 24 e 29 años e un grado universitario ou FP superior. No caso de ser menor de 24, os participantes deben estar cursando a carreira universitaria ou ciclo superior.
  • Os participantes no programa terán incluídas comida e cea durante os días que se leve a cabo este programa.

Máis información

No teléfono 988 388 154 da Concellería de Xuventude