Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Xuventude

Áreas

Unha trintena de alumno/as do IES Blanco Amor acudironao Salón de Plenos do Concello de Ourense, no marco do I Plan de Infancia e Adolescencia, para expoñerlles aos políticos as conclusións dunha xornada de traballo -que comezou o pasado 21 de abril e seguíu desde entón co traballo na aula baixo a tutela do profesorado- sobre a súa visión do modelo de cidade.

Escoitando as conclusións dos alumnos estiveron, ademais do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e das concelleiras de Educación e Xuventude, Belén Iglesias e Sofía Godoy respectivamente, o director de Injuve, Javier Dorado, e a directora xeral de Xuventude, Cecilia Vázquez, acompañada da subdirectora de Programas, Yolanda Otero.

Os alumnos, de 3º ESO, traballaron sobre unhas plantillas nas que tiñan que reflexionar sobre as debilidades, fortalezas e propostas de mellora de como sería a súa cidade. O obxectivo é o de construír unha cidade amigable coa infancia e a adolescencia nas áreas de saúde e actividade física; medio ambiente e urbanismo; benestar social e familia; educación; equidade e diversidade; lecer, cultura e tempo Libre. As preocupacións máis importantes foron: a venda de alcohol e tabaco; máis charlas informativas; adaptacións dos semáforos para persoas con mobilidade reducida; campañas contra o acoso escolar; actividades lúdicas con prezos máis baixos; ser escoitados...

A actividade de hoxe configúrase como unha acción puntual de participación, enmarcada nos traballos do Plan de Infancia e Adolescencia. Así, o Concello quere avanzar na coordinación municipal de traballos conxuntos e interdisciplinares -é dicir, coordinado polas diferentes áreas municipais- para fomentar a participación activa da infancia e da adolescencia nos asuntos da vida pública municipal.

Desta forma, seguirase avanzando neste tipo de reunións ata crear un órgano consultivo creado integramente por este colectivo. O goberno municipal vai impulsar, daquela, a configuración dun equipo de participación infantil e adolescente que traballe e xeito periódico co ánimo de contribuír a facer da política municipal máis rica e participativa.