Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Voluntariado

Áreas

O Concello de Ourense­ Concellería de Voluntariado foi acreditado pola Comisión Europea, Programa Mocidade en Acción como organización de acollida, de envío e organización coordinadora no Servizo Voluntario Europeo, do Programa ERASMUS +

En que consiste?

O SVE enmárcase no programa europeo Erasmus+ e está financiado pola UE. É unha experiencia de aprendizaxe no ámbito da educación non formal, na que as persoas novas voluntarias melloran ou adquiren competencias para o seu desenvolvemento persoal, educativo e profesional, así como para a súa integración social.

Non está remunerado e non ten ánimo de lucro.

Todos os custos asociados (manutención, aloxamento, gastos de viaxe, etc.) á actividade están cubertos polo programa.

A duración do proxecto adoita ser entre un mínimo de 2 meses e un máximo de 1 ano. (a excepción dos voluntarios/as con menos oportunidades que poderan intervir en proxectos de menos duración)

Ao termo do SVE recíbese un certificado, o Youthpass, no que quedan reflectidas as competencias e habilidades adquiridas durante o proxecto.

A quen vai dirixido?

Mozos europeos entre 17 e 30 anos con ganas de vivir unha experiencia diferente.

Interesados en coñecer outras culturas, idiomas e costumes.

Non se require formación específica.

En que tipos de proxectos podes participar?

  • Arte e cultura
  • Comunicación
  • Conciencia europea
  • Deportes para a mocidade
  • Dereitos humanos
  • Desenvolvemento rural
  • Drogodependencia
  • Exclusión social
  • Igualdade de oportunidades
  • Información xuvenil
  • Outros

Máis información

Oficina Municipal do Voluntariado

Dirección: Plaza San Martiño no2, Baixo

Teléfono e fax: 988388172 / 988318132

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

www.ourensevoluntario.org