Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Voluntariado

Áreas

Oficina Municipal de Voluntariado

Praza de San Martiño nº 2, 1º
Centro Histórico
Ourense (32005) Situar en mapa

Teléfono: 988 388 172

Horario: de 8.30h a 14.45h

  Web voluntariado


A OMV, Oficina Municipal de Voluntariado, está integrada na Concellería de Voluntariado do Concello de Ourense. A OMV é un espazo no que poder falar de voluntariado, de solidariedade, medioambiente, cooperación, integración, multiculturalidade, movementos sociais. Falamos de transformación, de valores globais contra as desigualdades, de xustiza social.

Pero o máis importante, na Oficina Municipal de Voluntariado non só tes un espazo de diálogo, se non tamén de ACCIÓN.

A través do voluntariado activo podemos cambiar as cousas.. Cun pensamento global e unha acción local podemos transformar realidades próximas e cotiás, pero tamén mudar situacións moito máis lonxanas que recoñecemos inxustas.

O voluntariado ten o poder de incidir directamente na vida diaria de moitas persoas beneficiarias das nosas accións preto ou lonxe e, deste xeito, adquire o poder de globalizar a xustiza.

Agora, que cada vez somos máis as persoas convencidas de que xá non é que outro mundo sexa posible senon que ademáis é urxente, tés a oportunidade de formar parte dun dos movementos máis transformadores da nosa sociedade: O VOLUNTARIADO.

Información de Interese