Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Voluntariado

Áreas

Inscrición no Programa Municipal de Voluntariado

A quén está dirixido?

Ser maior de idade . Os maiores de 16 anos poderán acceder co consentimento dos pais ou titores legais.

Cómo facelo?

Presencialmente

Os impresos deberán cubrirse persoalmente na Oficina do Voluntariado do Concello de Ourense.

Estes impresos son:

  • Acordo de colaboración ou compromiso de incorporación a programas de voluntariado da OMV.
  • Seguro que cobra os riscos de accidentes derivados do exercicio da actividade voluntaria e nos desprazamentos in intinere para o desempeño de devandita actividade.
  • Cuestionario para a elaboración do perfil da persoa voluntaria (datos persoais, áreas de actuación nas que lle gustaría colaborar, formación, experiencia en voluntariado, disponibilidade, etc.)

Documentación requirida

Fotocopia do DNI

Observacións

A persoa voluntaria ten os seguintes dereitos:

  1.  Recibir a orientación, formación e apoio necesarios para o exercicio da súa actividade.
  2. Ser tratado/a sen discriminación, respectando a súa liberdade, dignidade, intimidade e crenzas.
  3. Participar activamente na entidade, de acordo cos seus estatutos e normas de actuación.
  4. Estar asegurado/a polos riscos que poidan derivar do exercizo da actividade voluntaria.
  5. Ser reembolsado/a dos gastos que realice no desenvolvemento das súas actividades.
  6. Dispor dunha acreditación que lle identifique como voluntario/a.
  7. Realizar a súa actividade nas debidas condicións de seguridade e hixiene.
  8. Recibir certificación da súa particiación nos progaramas e proxectos de voluntariado, que poderán, se é o caso servir como recoñecemento do seu valor social ou ser obxecto de valoración no seu currículo.
  9. Cesar libremente na súa condición de persoas voluntarias.

 

A persoa voluntaria ten as seguintes obrigas:

  1. Cumprir os compromisos adquiridos coa entidade, repectando os seus fins e normativa.
  2. Gardar confidencialidade da información recibida e coñecida no desenvolvemento da súa actividade voluntaria.
  3. Rexeitar calquera prestación material que puidera recibir, ben do/a beneficiario/a, ben doutras persoas relacionadas coa súa acción.
  4. Respectar os dereitos dos/as beneficiarios/as da súa actividade voluntaria. Actuar de forma dilixente e solidaria.
  5. Participar nas tarefas formativas previstas pola entidade, tanto específicas da actividade voluntaria, como xerais do voluntariado.
  6. Seguir as instrucións axeitadas aos fins da acción, impartidas no desenvolvemento das actividades enconmendadas.
  7. Utilizar debidamente a acreditación e distintivos da entidade.
  8. Respectar e coidar os recursos materiais que poña á súa disposición a entidade.