Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Urbanismo, Licenzas e Vivenda

Áreas

URBACT II é un programa da UE que promove o intercambio e a aprendizaxe entre cidades en materia de desenvolvemento urbano sostible. Permite que as entidades participantes traballen xuntas no desenvolvemento de solucións ós maiores desafíos urbanos reafirmando o seu papel principal en abordar os crecentes e complexos desafíos sociais. Lles axuda a desenvolver solucións pragmáticas novas e sostibles e que integran as dimensións económica, social e medioambiental. E lles permite compartir boas prácticas e experiencias con tódolos profesionais involucrados na política urbana.

Este programa xorde da “Estratexia Lisboa-Gotemburgo” e forma parte da política de cohesión europea. O seu financiamento corre a cargo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e dos estados membros.

O Concello de Ourense participa no proxecto “Comida sostible en comunidades urbanas", encadrado dentro dunha das 9 áreas de coñecemento xenérico do programa, a de “Entornos Urbanos Baixos en Emisións de Carbono". O proxecto atópase liderado por Bruselas Medioambiente, organismo público que xestiona as políticas mediambientais e enerxéticas da Rexión Bruselas-Capital. E conta coa participación doutras oito cidades europeas.

O Plan Come Ourense

Plan de Acción Local (LAP) presentado e en execución polo Concello de Ourense ten o nome de “Come Ourense”. O plan ten tres liñas básicas que se concretan en “accións”. A caixa de hortas é a acción que desenvolve a liña básica “Cultivo”.

A Acción pretende facilitar un intercambio entre os propietarios de terras que non as traballan e as persoas interesadas en cultivar hortas pero que non dispoñen delas.

O desenvolvemento da acción permite poñer en marcha unha base de datos, incluso cartográfica, onde os cidadáns poidan rexistrarse para producir dito intercambio.

Para dar seguridade a ditos intercambios os arrendamentos de hortas baséanse nun contrato-tipo, aprobado polo Grupo de Apoio Local (ULSG) do plan e redactado polos servizos municipais. Non se autoriza contraprestación en diñeiro.

Documentación

Deseguido insértase o protocolo de actuación establecido para o proceso de información, rexistro e xestión da caixa de hortas; o modelo do contrato; os modelos de instancias así coma as bases de datos existentes (hortas dispoñibles, produtores e acordos formalizados), que serán actualizadas semanalmente.