Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Urbanismo, Licenzas e Vivenda

Áreas

O Concello de Ourense, a través do seu Servizo de Rehabilitación, VPP e PERIs, está a tramitar 44 axudas noutros tantos inmobles pertencentes ás tres Áreas de Rexeneración e Rehabilitación Urbana (ARRUs) da cidade: a de O Polvorín – Camelias - A Carballeira, Seixalbo e centro histórico.

Coas 15 axudas aprobadas na xunta de goberno local do 24 de novembro, o Concello xa outorgou 801.869 euros para proxectos de reforma en edificios.

“Hoxe aprobamos 8 axudas no ARRU Polvorín-Camelias-Carballeira, 4 no ARRU de Seixalbo e 3 no ARRU Casto Histórico, sumando un total de 224.875 euros. Trátase de instalación de ascensores, illamento ou rehabilitación de fachadas e de portais”, en palabras do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, en rolda de prensa posterior á xunta de goberno.

Das 8 actuacións do ARRU Polvorín-Camelias- Carballeira, 5 son para a instalación dun ascensor, e as outras 3 para illamento de fachada e cuberta. O total das subvencións concedidas nestas actuacións é de 140.000 euros.

As 4 actuacións dentro do ARRU de Seixalbo son rehabilitacións integrais de 4 vivendas unifamiliares. Cada unha delas recibirá 11.000 euros de subvención.

Das 3 actuacións no ARRU do Centro histórico, unha é para a rehabilitación de galerías, outra para a instalación dun ascensor e a última para a rehabilitación de elementos comúns. O total das subvencións concedidas nestas 3 actuacións ascende a 35.000 euros.