Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Urbanismo, Licenzas e Vivenda

Áreas

Anunciase que, o Concello Pleno, en sesión ordinaria do día 3 de marzo do ano 2017, adoptou entre outros, o seguinte ACORDO, cuxa parte dispositiva di:

“O Pleno do Concello, por unanimidade dos presentes, aprobou o ditame e, na súa consecuencia, adopta o seguinte ACORDO:

  1. Aprobar definitivamente o Plan Especial de Protección no núcleo de interese etnográfico de Seixalbo, segundo o documento técnico para aprobación definitiva (DAD) redactado de oficio polo equipo redactor municipal do Servizo de Rehabilitación, VPP e PERIS. E
  2. Comunicar á aprobación definitiva á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, dándolle traslado dunha copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con tódolos planos e documentos que integran o plan aprobado definitivamente, debidamente dilixenciados polo Secretario Xeral do Pleno do concello, facendo constar dito extremo.”

Contra o presente acordo, que pon fin a vía administrativa e aproba definitivamente unha disposición de carácter xeral, só poderá interporse Recurso Contencioso – Administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte a aquel no que se publique o presente anuncio, ou ben no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte no que se entenda desestimado por silencio o recurso de reposición que se indica no seguinte parágrafo, se fora interposto, conforme ó establecido nos artigos 64 do R. D. Lexislativo 7/2015; 52 da Lei Reguladora das Bases de Réxime Local; 194, 209 e concordantes do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais; 45 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, así coma os artigos 8, 10 e 46 da Lei 29/1998 do 13 de xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso – Administrativa.

Non obstante poderá interporse recurso de reposición, con carácter potestativo, fundamentado exclusivamente en cuestións formais de procedemento administrativo referidas ó presente expediente, no prazo dun mes ante o mesmo órgano que o ditou, conforme ó establecido nos artigos 52 da Lei Reguladora das Bases de Réxime Local; 194, 209 e concordantes do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais e 45, 112, 113, 123 e 124 Ley 39/2015 del Procedimiento Administrativo Común de las Administraciones Públicas.”

As normas urbanísticas do plan xa foron publicadas no BOP Nº 240 de 18/10/2016 polo que evítase a reiteración da súa publicación dando validez á xa efectuada.

As direccións electrónicas nas que figurará o contido íntegro do plan a disposición do público serán www.ourense.gal/urbanismo e www.planeamentourbanistico.xunta.es

Con data 4 de maio de 2017 recibiu o expediente a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

O que se fai público de conformidade co disposto no  artigo 92 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Ourense, 10 de maio de 2017
O CONCELLEIRO DELEGADO DE URBANISMO
(P.D. Decreto 2017002214 do 30 de marzo)
Asdo. José Jesús Cudeiro Mazaira

Enlaces:

 

Ourense, 10 de maio de 2017

O CONCELLEIRO DELEGADO DE URBANISMO

(P.D. Decreto 2017002214 do 30 de marzo)

Asdo. José Jesús Cudeiro Mazaira