Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Urbanismo, Licenzas e Vivenda

Áreas

Os 4 primeiros pisos do programa “Vivendas baleiras” xa teñen adxudicatarios. A Concellería de Urbanismo publica o decreto de adxudicación, froito do sorteo público realizado o pasado día 28 de abril na Oficina do Servizo de Rehabilitación. Na páxina web do Concello de Ourense (Urbanismo/Rehabilitación e Vivenda/Rehavita) e no taboleiro de anuncios da Casa de Concello, as persoas interesadas poden consultar a información. Tamén poden acudir á Oficina de Rehabilitación, onde poderán recoller as notificacións como persoas adxudicatarias ou en lista de espera).

Sorteáronse 4 vivendas, sitas en Eulogio Gómez Franqueira (270€ de alugueiro), estrada de Santa Mariña (275€ de alugueiro), Avenida de Zamora (285€) e Jesús Soria (285€)

As adxudicatarias teñen 7 días hábiles para aceptar de forma expresa e por escrito as vivendas. Créase tamén unha lista de reserva con 12 persoas para cada unha das vivendas por se a adxudicataria non a acepta.

As bases establecían as que as persoas deberían ter uns ingresos entre o 1 e o 2,5 do Indicador Público de Renta de Efectos Múltiples, IPREM, é dicir, como mínimo 532,51€ ao mes e como máximo 1.331,27€ ao mes)

O Concello de Ourense foi o primeiro en Galicia en adherirse ao programa de “Vivendas baleiras”·que asinaron Xunta de Galicia e FEGAMP, co obxectivo facilitar o acceso á vivenda por parte das familias. Actualmente, hai outras 4 vivendas máis na bolsa municipal: 1 pendente de adxudicación, 2 pendentes de facer pequenos arranxos e 1 pendente de rematar as obras.

O Concello fai un chamamento aos propietarios de vivendas baleiras para que inclúan as súas vivendas no programa. Tamén lembra que a Xunta de Galicia vén de lanzar unha convocatoria de subvencións dirixidas as persoas propietarias que estean en proceso de incorporación da súa vivenda a este programa e que teñan que realizar actuación de reforma ou rehabilitación recollidas no informe técnico municipal.

Máis información sobre o Programa de Vivendas Baleiras